Saltar al contenido
>

L’archéologue

L’archéologue

Sinopse

L’archéologue (O arqueólogo) é unha curtametraxe documental que afonda na memoria do petroleiro Mar Exeo, afundido fronte á costa da Coruña en 1992, a través da figura de Emile Gireau, un escultor francés que leva anos recuperando fragmentos do pecio para transformalos en creación artística. O filme propón unha reflexión sobre a memoria, a identidade e o proceso creativo, acompañando o protagonista nun percorrido íntimo que cuestiona os límites entre arte, arqueoloxía e lembranza. Cada proxección complétase cun coloquio co equipo da película ou co propio protagonista, favorecendo o diálogo co público.

Artistas

Antón Taboada

Ficha Técnica

  • Formato: Proxección documental con coloquio
  • Título orixinal: L’Archéologue
  • Autoría: Antón Taboada (pseudónimo nos créditos: Laurence Laurentz)
  • Duración: 60 minutos (30 min de proxección + 30 min de coloquio)
  • Produción: Asociación Sociocultural Zona Hadal
  • Público: Xeral

 

 

 

Asiste ao evento

Compartir

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambie a una clave de sitio de producción para remove this banner.