- Cinema
Crónicas dun NON!
- Data
- 02/10/2026
- Horario
- 20:00
- Residencia Artística
- Categoría
- Cinema
- Localidad
- Espacio
- Moeche
- Dirección
Sinopse
Crónicas dun NON! é un documental que recupera a historia do movemento de insubmisión en Galicia e da loita colectiva que contribuíu á desaparición do servizo militar obrigatorio no Estado español. A partir da experiencia persoal do seu director, Fernando Rodríguez Gómez «Peñaño», e dos testemuños de persoas que participaron na mobilización, o filme percorre máis dunha década de desobediencia civil, compromiso social e defensa dos dereitos e das liberdades. Máis alá da memoria dun movemento, o documental propón unha reflexión sobre o valor da participación cidadá e a capacidade da acción colectiva para impulsar cambios sociais e políticos.
Ficha Técnica
- Formato: Proxección documental
- Título: Crónicas dun NON!
- Dirección: Fernando Rodríguez Gómez «Peñaño»
- Produtoras: Taller de Insomnios e Serea Films
- Duración: 70 minutos
- Versión orixinal: Galego
- Público: Xeral (especialmente recomendado para persoas interesadas na historia recente, os movementos sociais e a memoria democrática).
Asiste ao evento
Compartir