- Danza
BenQuerer
- Data
- 08/11/2026
- Horario
- 19:00
- Residencia Artística
- Categoría
- Danza
- Localidad
- Espacio
- Sada
- Dirección
Sinopse
BenQuerer é unha peza de danza contemporánea que nace do diálogo entre o universo coreográfico de Fran Sieira e a música en directo de Caamaño&Ameixeiras. A partir da tradición galega, o espectáculo propón unha reflexión íntima sobre o autocoidado, a vulnerabilidade e a necesidade de aprender a poñer límites nunha sociedade marcada pola velocidade e a esixencia constante. A través dunha linguaxe escénica que fusiona baile tradicional e danza contemporánea, BenQuerer convida o público a mirar cara ao interior e reivindicar o tempo para coidarse e recoñecerse. A función complétase cun espazo de diálogo co público arredor dos temas que aborda a obra, reforzando a súa dimensión participativa e de mediación cultural.
Ficha Técnica
- Formato: Espectáculo de danza contemporánea con música en directo
- Compañía: Fran Sieira
- Compañía de Danza Interpretación: Fran Sieira
- Música en directo: Caamaño&Ameixeiras
- Dirección artística: Fran Sieira, Colectivo VACAburra, Andrea Quintana e Gena Baamonde
- Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana
- Duración: 55 minutos
- Público: Xeral
- Mediación: Coloquio participativo ao remate da función
Asiste ao evento
Compartir