---
title: "Escora danza"
description: "ESCORA DANZA ESCORA busca achegar a danza ás prazas, á rúa, á pedra, aos barrios, con vontade de presentar unha programación de proximidade e autóctona para públicos diversos. Que é ESCORA Escora Danz..."
url: https://dacoruna.wpcoruna.es/es/escora-danza/
date: 2026-03-30
modified: 2026-07-23
author: "admin"
image: https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/06/Default-post02.jpg
type: page
lang: es
---

# Escora danza

# ESCORA DANZA

ESCORA busca achegar a danza ás prazas, á rúa, á pedra, aos barrios, con vontade de presentar unha programación de proximidade e autóctona para públicos diversos.

## Que é ESCORA

**Escora Danza **é un proxecto cultural e artístico que a área de Cultura desenvolve na Costa da Morte e que emprega a danza contemporánea como ferramenta para o traballo social e comunitario. 

Desde o ano 2022 Escora Danza visibiliza o traballo de compañías galegas de danza, apoia os procesos formativos e creativos desde ámbito e conecta as súas dinámicas coa creación de autoestima e desenvolvemento no territorio e nas comunidades locais. 

Residencias artísticas, mediación cos públicos, procesos de creación colectiva, sensibilización social e cultural ou conversas de axentes culturais son algunhas das maneiras en que Escora Danza se desenvolve, ao longo da primavera, en diferentes concellos da Costa da Morte. 

[Ver a programación![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/03/icono-flecha-derecha-oscura.svg)![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/03/icono-flecha-derecha-amarilla.svg)](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/06/programa2026.pdf)[Ir á web de Escora Danza![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/04/icono-flecha-derecha-blanco.svg)![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/04/icono-flecha-derecha-oscuro.svg)](https://escoradanza.gal/)

![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/03/escora-danza-imagen-01.jpg)

## Artistas

Un espazo para coñecer aos creadores, creadoras e compañías que participan en Escora Danza, visibilizando propostas diversas de movemento e creación en territorio galego.

[Coñece ás artistas](https://dacoruna.wpcoruna.es/os-artistas/)

![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/03/escora-danza-relaciones-imagen-01.jpg)

## Relacións co territorio

As persoas, a mediación e o diálogo coas comunidades locais é o que vertebra ESCORA.

[Sobre os concellos ](https://dacoruna.wpcoruna.es/escora-danza/relaciones-con-el-territorio/)

![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/03/esccora-danza-residencias-artisticas-01.jpg)

## Residencias Artísticas

Un programa que ofrece a unhe artista o espazo, o tempo, os recursos e o acompañamento para traballar individual ou colectivamente na súa práctica artística, no seu oficio.

[Ver residencias](https://dacoruna.wpcoruna.es/escora-danza/residencias-artisticas/)

## Eventos destacados

[

Ver máis eventos

](https://dacoruna.wpcoruna.es/programacion-propia/)

[

Ver máis eventos

](https://dacoruna.wpcoruna.es/programacion-propia/)

![](https://dacoruna.wpcoruna.es/wp-content/uploads/2026/04/imagen-escora-danza-portada-mediateca-01.jpg)

## Escora Danza, en imaxes

Explora a galería visual de Escora Danza: momentos, escenarios e instantes de danza e territorio que retratan o diálogo entre corpo, paisaxe e comunidade.

[Ver vídeos](https://www.youtube.com/@culturadeputaciondacoruna5637/search?query=escora)
