Saltar ao contido
>

Crónicas dun NON!

Crónicas dun NON!

Sinopse

Crónicas dun NON! é un documental que recupera a historia do movemento de insubmisión en Galicia e da loita colectiva que contribuíu á desaparición do servizo militar obrigatorio no Estado español. A partir da experiencia persoal do seu director, Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”, e dos testemuños de persoas que participaron na mobilización, o filme percorre máis dunha década de desobediencia civil, compromiso social e defensa dos dereitos e das liberdades. Máis alá da memoria dun movemento, o documental propón unha reflexión sobre o valor da participación cidadá e a capacidade da acción colectiva para impulsar cambios sociais e políticos.

 

Ficha Técnica

  • Formato: Proxección documental
  • Título: Crónicas dun NON!
  • Dirección: Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”
  • Produtoras: Taller de Insomnios e Serea Films
  • Duración: 70 minutos
  • Versión orixinal: Galego
  • Público: Xeral (especialmente recomendado para persoas interesadas na historia recente, os movementos sociais e a memoria democrática).

 

 

 

 

 

 

Asiste ao evento

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.