Escora danza
ESCORA DANZA
ESCORA busca achegar a danza ás prazas, á rúa, á pedra, aos barrios, con vontade de presentar unha programación de proximidade e autóctona para públicos diversos.
Que é ESCORA
Escora Danza é un proxecto cultural e artístico que a área de Cultura desenvolve na Costa da Morte e que emprega a danza contemporánea como ferramenta para o traballo social e comunitario.
Desde o ano 2022 Escora Danza visibiliza o traballo de compañías galegas de danza, apoia os procesos formativos e creativos desde ámbito e conecta as súas dinámicas coa creación de autoestima e desenvolvemento no territorio e nas comunidades locais.
Residencias artísticas, mediación cos públicos, procesos de creación colectiva, sensibilización social e cultural ou conversas de axentes culturais son algunhas das maneiras en que Escora Danza se desenvolve, ao longo da primavera, en diferentes concellos da Costa da Morte.

Os Artistas
Un espazo para coñecer aos creadores e compañías que participan en Escora Danza, visibilizando propostas diversas de movemento e creación en territorio galego.

Relaciones con el territorio
As persoas, a mediación e o diálogo coas comunidades locais é o que vertebra ESCORA.

As Residencias artísticas
Un programa que ofrece a unhe artista o espazo, o tempo, os recursos e o acompañamento para traballar individual ou colectivamente na súa práctica artística, no seu oficio.
Eventos destacados
- 08/04/2026
- 11/04/2026
- Escora Danza
“Velaiquich, amoorch!” de Colectivo D’elas
- Escora Danza
- , Zas
- 20:00

Escora Danza, en imaxes
Explora a galería visual de Escora Danza: momentos, escenarios e instantes de danza e territorio que retratan o diálogo entre corpo, paisaxe e comunidade.