Rede cultural
rede culturaL
A Rede Cultural da Deputación da Coruña impulsa espectáculos e actividades nos concellos, favorecendo o acceso á cultura en todo o territorio.
A través da Rede Cultural fortalecemos a colaboración entre concellos e profesionais da creación, favorecendo unha programación cultural diversa en toda a provincia mediante catro programas específicos:

ESCENA AO VIVO!
Programa de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos.

VISIÓNS
Programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.

ALICERCE
Programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.

LINGUA A ESCENA!
Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, maxia, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos.
Rede Cultural 2026
Os prazos da convocatoria 2026 serán os seguintes:
Primeira fase: inscrición de espectáculos:
- Inicio: 8 de xaneiro de 2026, ás 00:00 horas.
- Fin: 29 de xaneiro de 2026, ás 14.00 horas.
Segunda fase: solicitude de espectáculos:
- Inicio: 6 de marzo de 2026 ás 00:00 horas.
- Fin: 20 de marzo de 2026 ás 14.00 horas.
Ligazóns de interese

Visita la web oficial
Accede a la Rede Cultural: una plataforma que conecta y facilita las acciones culturales de los municipios y entidades, promoviendo la colaboración, los recursos y la visibilidad para todo el territorio.
Sobre a Rede Cultural
Imaxen da Rede Cultural
As Xornadas Técnicas
Novas relacionadas