Saltar ao contido

Residencias artísticas

As Residencias Artísticas son un programa para apoiar procesos de creación e investigación, ofrecendo espazos de traballo, acompañamento e intercambio no Pazo de Mariñán.

Residencias Artísticas Mariñán

As Residencias Artísticas Mariñán son un programa de apoio á creación impulsado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña que ofrece a artistas tempo, espazo e recursos para avanzar nos seus proxectos culturais a través do traballo en residencia no Pazo de Mariñán, en Bergondo.

O programa está pensado como un espazo de investigación, experimentación e produción artística, favorecendo procesos creativos en diferentes disciplinas (artes escénicas, música, artes visuais, pensamento, etc.). Ademais do acompañamento técnico e loxístico, promove o diálogo co territorio mediante presentacións públicas, encontros ou actividades abertas á comunidade.

Residencia Artística de Música

Enfocado a bandas ou artistas solistas para promover o desenvolvemento da produción musical galega desde unha ollada contemporánea e consciente.

Residencia Artística de Literatura e Pensamento

Seleccionaranse 4 proxectos para formar parte da área de literatura e pensamento destas residencias artísticas, onde contarás coas condicións favorables para desenvolver o teu proxecto literario ou de investigación durante 12 días.

Residencia Artística de Creación de Contidos

As Residencias Artísticas Mariñán presenta a súa nova modalidade de creación de contidos socioculturais en redes sociais, para a que se seleccionarán até 8 proxectos.

Novas relacionadas

La Diputación de A Coruña reúne el talento emergente de las nuevas generaciones de artistas gallegos en los Encuentros de Mariñán

As Residencias, en imaxes

Un espazo para coñecer os proxectos e artistas que participan nas Residencias Artísticas Mariñán, un programa que impulsa a creación contemporánea en diálogo co patrimonio, a paisaxe e o contexto cultural do Pazo de Mariñán.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.