Residencias Artísticas > Residencia Artística de Creación de Contenidos
Residencia Artística de Creación de Contenidos 2026
- Ano 2026
As Residencias Mariñán para creación en redes apoian proxectos culturais feitos en galego, ofrecendo espazo e tempo de produción no Pazo de Mariñán, con aloxamento, acompañamento e formación para mellorar a calidade, a viabilidade e a responsabilidade social dos contidos.
Sobre a Residencia Artística
Pensada para persoas ou equipos maiores de 18 anos con residencia en Galicia e perfís culturais en redes, cun proxecto de traxectoria inferior a 2 anos. Selecciónanse 8 proxectos e a estadía é de 6 días, en dúas quendas. Inclúe pensión completa, seguimento por comisariado, formación con persoas expertas e ata 500 € para necesidades técnicas (alugueiro, foto/vídeo, desprazamentos), sen incluír honorarios.
Ligazons de interese
Compartir