O contacontos Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince puntos da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse nos concellos de Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.
Coñece Europa con Kalopsia é un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen.
A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espazo exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.
Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.
Para máis detalles sobre a asistencia é preciso contactar cos concellos. Tamén hai información xeral na páxina web {CCM:BASE_URL}/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/conoce-europa-con-kalopsia-cuentacuentos/
O contacontos ‘Kalopsia’ percorre quince concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil
O contacontos ‘Kalopsia’ percorre quince concellos da provincia para achegar a Unión Europa ao público infantil
Compartir
Categorías
Últimas noticias
- Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’
- A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos
- Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»
- A Deputación aborda os retos das políticas culturais galegas nunha nova sesión de ‘Pensando o Futuro’
- O Ciclo Mestre Mateo volve á provincia da Coruña co apoio da Deputación