Saltar ao contido

A Deputación destina 100.000 euros para sufragar o programa de actividades sociais e culturais do centro asociado á UNED da Coruña

A Deputación da Coruña apoia con 100.000 euros ao Centro Asociado á UNED da Coruña para o financiamento da súa programación de actividades sociais e culturais durante o ano 2023.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o director do centro asociado da UNED na Coruña, Germán Carro Fernández, asinaron hoxe o convenio de colaboración a través do cal a institución provincial financia este ciclo de actividades. No acto estivo tamén o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

No pasado curso a UNED programou un total de 59 actividades, conferencias e cursos polas que pasaron 4.197 alumnos e alumnas, e que abranguen disciplinas tan diversas coma o Dereito, a investigación social, a literatura e a historia ou as novas tecnoloxías.

Destacaron na pasada edición actividades como a Mediación no eido educativo e as súas prácticas, o programa TICs para a UNED Senior, ou o relatorio “A intimidade e as súas dimensións”.

Formoso destacou a “o amplo abano da programación que ofrece a UNED ao alumnado e que permite o acceso á educación a persoas de todas as idades na provincia co fin de que poidan ampliar os seus coñecementos dun xeito áxil e obtendo certificacións do máis alto nivel”.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.