Saltar ao contido

María Reimóndez e Oliver Laxe protagonizan o episodio de Referentes do mes de setembro

A escritora, tradutora e activista, María Reimóndez, e o actor, guionista e director, Oliver Laxe, protagonizan o vindeiro episodio de Referentes. Poderá verse a través do perfil de Facebook e da canle de Youtube da área de Cultura da Deputación o venres 30 de setembro a partir das 12h.

O activismo de dous xeitos diferentes, dunha banda desde a volta ao rural e doutra desde a cooperación ao desenvolvemento, centran boa parte da conversa entre os protagonistas do novo episodio. Os referentes familiares e a identidade cultural, a emigración, o individualismo e a colectividade, son outros dos temas que van aparecendo ao longo do encontro.

Así, María Reimóndez e Oliver Laxe contrastan as súas respectivas visións sobre a sociedade actual e o seu papel activo para mudar comportamentos, visións coincidentes en moitos aspectos, mais non en todos.

Ambos contestan, ademais, á pregunta que os ‘referentes’ do anterior episodio –Pepe Solla e Manuel Gago-, lles deixaron formuladas e amosan cadanseu obxecto que consideran especial e a relación que ten coa súa vida e coa súa.

Referentes T2 estreouse o pasado mes de abril coa conversa entre Margarita Ledo e Xabier Fortes, continuou en maio co episodio que protagonizan Melania Freire e Pepe Barro e, en xuño con Pepe Solla e Manuel Gago. Tras esta conversa entre María Reimóndez e Oliver Laxe continuará aínda con dous episodios máis, que se estrearán en outubro e novembro.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.