Saltar ao contido

A Deputación subvenciona con preto de 290.000 euros a 111 entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva de axudas económicas, por valor de 288.361 euros, a 111 entidades sen fins de lucro da provincia para a realización de investimentos culturais en 2022. A institución provincial destina, ademais, outros 470.400 euros ao apoio da labor neste exercicio de 96 corais polifónicas, formacións musicais de grande formato, bandas de música popular e asociacións de música e baile tradicional galego.

Grazas á achega da Deputación, as entidades sen fins de lucro poderán acometer a reforma dos seus locais, ampliar as súas bibliotecas ou mercar instrumentos musicais, equipos audiovisuais, traxes rexionais e outra vestimenta ou material informático.

Entre os 111 beneficiarios están a Real Academia Galega de Ciencias, a Academia Galega de Teatro, os Amigos dos Museos de Galicia, a Asociación Cultural Naufraxios Galegos, a Asociación Cultural Unha Gran burla Negra, a Asociación Ateneo de Santiago ou a Asociación Cultural República Musical Mardi Gras.

Cultura tradicional
No tocante as asociacións de cultura tradicional, as axudas irán destinadas ao financiamento de actividades como festivais, viaxes e programas de formación, custos de produción e mesmo edicións de discos.

“Por medio destas dúas liñas de axuda”, explica o responsable da área provincial de Cultura, Xurxo Couto, “apoiamos o tecido asociativo da cultura tan vivo e que implica a tantas persoas na dinamización e a transmisión a nosa cultura en especial ás novas xeracións que participan na actividade destas entidades tan importantes na cultura dos concellos”. “Por isto é o noso deber”, engade, “promover un tecido asociativo que faga realidade o noso lema de que a cultura é un dereito e, como tal, ten que ser exercido e apoiado”.

As resolucións e as listaxe de entidades beneficiarias recóllense no BOP do 15 de xullo e tamén poden consultarse e descargarse nas seguintes ligazóns:
https://bit.ly/3Pv4lbD, no caso das entidades sen fin de lucro.
https://bit.ly/3RyE8Ld, no caso das asociacións de cultura tradicional.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.