Saltar ao contido

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo regresa a cinco concellos da provincia da Coruña

O Ciclo Mestre Mateo regresa á provincia da Coruña e levará as proxeccións das longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos de Ames, Arteixo, Boiro, Cedeira e Melide.

Deste xeito, a colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación da Coruña achegará o mellor do audiovisual galego recente ao público destas cinco localidades, das cales Ames, Arteixo e Boiro xa acolleron con éxito o ciclo na súa primeira edición, e Cedeira e Melide pasan a formar parte da rede de salas.

Os concellos participantes exhibirán entre maio e novembro unha programación que inclúe “María Casares, a muller que viviu mil vidas”, “Unicorn Wars” e “O corpo aberto”, recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametraxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo.

O resto de títulos do programa son o documental “A foreign song” (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; o thriller “Código Emperador” (Jorge Coira,2022) estreado no XXIV Festival de Málaga, onde tamén tivo a súa estrea a longametraxe “Live is life” (Dani de la Torre, 2022); o documental “No somos nada” (Javier Corcuera, 2022) estreado no Festival de Cine de San Sebastián; o filme de animación “Valentina” (Chelo Loureiro, 2022), gañadora do Goya á mellor longametraxe de animación na XXXVI edición dos premios da Academia Española e o documental “Onde máis doe” (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.

Compartir

Noticias destacadas

La Diputación de A Coruña reúne el talento emergente de las nuevas generaciones de artistas gallegos en los Encuentros de Mariñán

La Diputación de A Coruña reúne el talento emergente de las nuevas generaciones de artistas gallegos en los Encuentros de Mariñán

A Deputación inviste este ano 478.000 euros en subvencionar os servizos municipais de normalización lingüística

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.