Saltar ao contido

Cultura da Deputación presenta en Boiro o libro “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”

O boirense Pazo de Goiáns acolleu a presentación do libro “A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura”, publicado pola Deputación da Coruña, que presenta unha reflexión sobre a situación actual da xestión cultural en Galicia, e as novas tendencias e o camiño que se debe seguir no sector.

A deputada de Cultura, Natividad de Jesús González, foi a encargada de presentar a publicación, acompañada do alcalde de Boiro, José Ramón Romero; a concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral; o coordinador de Barbantia, Pastor Rodríguez e o coordinador do volume, Alberto García nun acto organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e La Voz de Galicia.

Este libro, destinado a converterse nunha ferramenta para profesionais e outros axentes culturais da provincia, conta con dez capítulos que tratan de dereitos e de políticas culturais, de tendencias actuais —sostibilidade, accesibilidade ou igualdade en cultura— e tamén do estado no que se atopan sectores como a danza, o teatro, a poesía, os festivais de música, as bibliotecas ou os museos locais, entre outros.

Coordinado polo técnico e dinamizador sociocultural Alberto de Boiro, compila os contidos das quince xornadas que a Deputación organizou nos últimos cinco anos baixo o lema ‘A cultura é un dereito’, onde máis de 150 profesionais de referencia, como Xavier Campos, Sabela Mendoza, Marcos Lorenzo, Encarna Lago, Sergio Lago, Clara R. Cordeiro, Roberto Pascual, Silvia Fiallega, Fran Quiroga, Andra Barreira, Carlos Lorenzo, Arancha Estévez, María Baqueiro ou o propio Alberto de Boiro, interviñeron en diferentes formatos que se poden ler ou ver de novo seguindo os enlaces que inclúe a publicación.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso da área de Cultura da Deputación da Coruña de contribuír á actualización do modelo cultural do presente e do futuro, entendendo a cultura como un dereito cidadán e atendendo á súa capacidade de transformación social.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.