Saltar ao contido

A Deputación e a Asociación de Directores de Escena colaboran na publicación das obras gañadoras do Premio Rafael Dieste de textos teatrais

A deputada de Cultura, Natividade González, asinou esta semana un convenio de colaboración coa Asociación de Directores de Escena, representada por Eduardo Alonso, para a publicación das obras galardoadas no Premio de Teatro ‘Rafael Dieste’ da Deputación da Coruña desde a súa fundación.

A entidade provincial contribuirá ao financiamento da actividade cunha achega de 14.960 euros, o que representa unha porcentaxe do 74 % do total, que ascende a 20.150 euros.

A través deste convenio, poderanse recuperar, difundir e poñer en valor as obras teatrais que recibiron este galardón, que forma parte do patrimonio cultural galego e español, mediante unha en edición bilingüe galego-castelán.

Desta maneira, as publicacións permitirán facerlle chegar a unha gran cantidade de directores e profesionais do teatro de todo o país e de Latinoamérica un conxunto de pezas na súa versión orixinal en galego e na correspondente tradución ao castelán, o que pode redundar na montaxe e exhibición das mesmas nos escenarios españois e estranxeiros.

A deputada de Cultura destacou a importancia desta colaboración. “É un paso moi importante para que o noso teatro cruce fronteiras e abra portas a novos públicos”, apuntou, ao tempo que salientou a “solvencia profesional” da Asociación, que conta con máis de 35 anos de traxectoria.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.