Saltar ao contido

‘Alén’, de Vicente Fraga Fernández, gaña o XVIII Premio Luís Ksado de fotografía

O pontevedrés Vicente Fraga Fernández é o gañador do XVIII Premio Luís Ksado de fotografía, que convoca a Deputación da Coruña. Fraga acada o galardón pola colección Alén, a mellor, para o xurado, das 55 que se presentaron ao concurso, un dos de máis prestixio dos que se conceden en todo o estado. O comité avaliador concedeulle a Mención de honra á serie Nordés, do ourensán Miguel Muñiz.

A deputada de cultura, Natividade González, presidiu o xurado, formado por Pepe Baeza Gallur, María Sandra Balsells Cubells, Chema Madoz, Carmen Dalmau Bejarano e Juan María Rodríguez Caparrós. Actuou como secretaria Manuela Muñiz Souto, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da institución provincial. Nas deliberacións tamén participaron, sen voto, Xurxo Lobato, comisario do certame, e Marcos Sánchez, coordinador dos premios que outorga a Deputación.

De Alén, o xurado valorou “a coherencia na poética da memoria e a deterioración do espazo das persoas arraigadas no seu medio”. Para o comité, Nordés ten o mérito “da captura poética dunha atmosfera e a coherencia dunha visión íntima dun lugar e dunhas xentes, onde as forzas elementais da natureza se transmiten con eficaz sinestesia: un documento vívido que máis que mostrar fai sentir”.

O xurado tamén seleccionou, ademais das premiadas, as seguintes coleccións para formar parte do catálogo e da exposición itinerante que o certame programa por cada edición en concellos da provincia: Fin de la faena, A quen, El terremoto de Turquía e Usar y tirar. Perversa moda rápida.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.