Saltar ao contido

A Deputación apoia o mantemento dos centros socioculturais de Santiago cunha achega de máis de 215.000 euros

A Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela asinaron dous convenios de colaboración nos que a institución provincial se compromete a achegar 215.042,13 euros para axudar a sufragar gastos de funcionamento dos centros socioculturais da cidade durante o 2024. Na rúbrica de ambos acordos participaron a deputada de Cultura, Natividade González, e o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro.

Por unha banda, o primeiro dos convenios está destinado aos centros do ámbito rural, para os que a Deputación aportará 75.000 euros. Deste programa beneficiaranse os locais das asociacións de veciños da Nosa Señora de Belén (de Santa Cristina de Fecha), da Unión de Santa María de Villestro, da Rocha e a AVV Ruta Xacobea. Pola outra, o ente provincial destinará os 142.042,13 euros restantes a apoiar o sostemento do centro sociocultural e xuvenil do Ensanche durante o ano pasado.

En ambos os dous casos, o obxecto destes convenios é costear parte da actividade que estes locais desenvolven no seu día a día, tales como programas de animación sociocultural, dinamización e alfabetización dixital, talleres de saúde activa para persoas maiores ou mesmo programas estacionais e conmemoración de datas e semanas temáticas.

Estas achegas resultan fundamentais para garantir a continuidade e calidade da programación sociocultural e comunitaria que se desenvolve nos centros. Moitas destas actividades son a única oferta de ocio, formación ou acompañamento social para persoas maiores, mocidade ou colectivos vulnerables, especialmente nas parroquias rurais, onde a oferta de servizos é máis limitada.

Sen este tipo de apoio económico, moitos destes espazos verían comprometido o seu funcionamento ou terían que reducir drasticamente a súa actividade, en detrimento da cohesión social e da igualdade de oportunidades entre os barrios e as parroquias do municipio.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.