Saltar ao contido

A Deputación da Coruña recibe a Noite Bohemia polo Premio Nacional de Teatro Clásico Grecolatino

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, recibiu este xoves no Salón de plenos a Compañía de Teatro Noite Bohemia coruñesa, recentemente galardoada co Premio Nacional de Teatro Clásico Grecolatino 2025, que outorga o Ministerio de Cultura. O recoñecemento foille concedido polo posta en escena, no Teatro Romano de Segóbriga, de “Bacantes”, de Eurípides.

Durante o encontro, a deputada de Cultura trasladoulle á compañía “o orgullo e o agradecemento” da Deputación polo seu labor continuado “na promoción das artes escénicas e na difusión do patrimonio cultural grecolatino, especialmente entre o público máis novo”. “Este premio, o máis prestixioso do Estado no ámbito do teatro clásico, consolida a compañía como un referente da escena dramática nacional”, engadiu.

Para González, o galardón “é tamén un recoñecemento ao talento e á creatividade que existe na nosa provincia, e ao compromiso da Deputación coa cultura e coa mocidade”. “Noite Bohemia”, destacou a deputada, “é exemplo do teatro feito con paixón, rigor e entrega”.

A compañía expresou o seu agradecemento polo apoio institucional que vén recibindo nos últimos anos por parte do departamento de Cultura provincial, “clave” para poder desenvolver os seus proxectos.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.