Saltar ao contido

A Deputación destina 500.000 euros a actividades de entidades que xestionan museos, bibliotecas ou centros culturais

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina medio millón de euros para financiar as actividades de fundacións e entidades privadas sen ánimo de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas. Trátase da liña de axudas que permite cada entidade beneficiaria opte a un importe que vai dos 1.500 euros ata os 30.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de marzo.

Entre as finalidades deste programa, que serán tomadas en consideración na valoración dos proxectos, están as de impulsar a accesibilidade social, física e intelectual aos contidos culturais dos museos, centros de interpretación, bibliotecas e fundacións; apoiar a diversidade cultural e lingüística; promover a inclusión da perspectiva de xénero nas liñas de actuación; fomentar os proxectos de creación contemporánea arredor do patrimonio cultural custodiado; ou favorecer actuacións de sensibilización en torno ao valor do patrimonio cultural e á función social.

«O apoio ao tecido cultural e, neste caso, ás fundacións e entidades que desenvolven unha importantísima actividade en todo o territorio desde os seus propios espazos é unha das liñas de traballo da área de Cultura que se concreta nesta liña de axudas e tamén noutras convocatorias dirixidas a todo tipo de entidades», sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.