Saltar al contenido

Brais Pombo e Fran Rodríguez

Do outro lado | Espectáculo de sala · 40 minutos

Do outro lado é unha performance de Brais Pombo e Fran Rodríguez Casal que reflexiona sobre o ecoloxismo e a comunidade no rural. Inspirados nas revoltas veciñais ocorridas nas décadas dos anos 80 e 90 na súa aldea natal, Traspielas, os autores usan material de arquivo, lixo recollido na montaña, movemento corporal e creacións audiovisuais nun espectáculo multidisciplinar onde se crea un diálogo entre pasado e presente cuestionándose a relación humana co territorio. Proxecto gañador da bolsa do colectivo RPM.

Ficha artística

  • Intérpretes: Brais Pombo e Fran Rodríguez Casal
  • Dirección, dramaturxia e creación: Brais Pombo e Fran Rodríguez Casal
  • Supervisión visual: Fran Rodríguez Casal
  • Movemento: Brais Pombo
  • Espazo sonoro: Brais Pombo e Fran Rodríguez Casal

Sobre Brais Pombo e Fran Rodríguez

Este proxecto é unha colaboración de Fran Rodríguez Casal, artista visual e cineasta que desenvolve proxectos persoais de longo percorrido no ámbito fotográfico dentro do documentalismo contemporáneo de autor, centrándose na interacción entre corpo e entorno. Xunto con Brais Pombo, actor e performer membro da compañía de teatro físico Mevadeus, valéndose do corpo e a voz constrúe un diálogo constante entre o movemento a creación sonora en directo.

 

Web y redes sociais