Centro Ágora – A Coruña
Sobre Saray Figuereo
San Juan de la Maguana, República Dominicana, 1996
Saray Figuereo é licenciada en Psicoloxía polo Instituto Tecnolóxico de Santo Domingo (INTEC) e desde a súa graduación en 2016 compaxina a súa obra literaria con proxectos educativos centrados na igualdade de xénero e na prevención da violencia. Identifícase como 𝐜𝐮𝐢𝐫, 𝐟𝐞𝐦𝐢𝐧𝐢𝐬𝐭𝐚 e 𝐚𝐧𝐭𝐢𝐫𝐫𝐚𝐜𝐢𝐬𝐭𝐚.
A súa práctica literaria está centrada na oralidade e na corporalidade, explorando espazos onde a palabra se converte nun acto íntimo, colectivo e político. Escribe desde unha perspectiva afrocaribeña e cuir, facendo fronte ás tensións entre corpo, desexo, pertenza, memoria e resistencia. Desde 2021, facilita encontros de escritura creativa para diferentes colectivos, como adolescentes, mulleres sobreviventes de violencia, persoas LGTBQ+ e público xeral. A súa obra reflexiona sobre a identidade e a loita pola visibilidade e a autonomía.
Ligazons
Compartir