Universidade da Coruña
Sobre Dylan Brennan
Irlanda
Dylan Brennan é escritor irlandés e divide o seu tempo entre México e Irlanda. Escribe poesía e prosa. O seu libro Blood Oranges foi publicado en 2014 por The Penny Dreadful Press.
Recibiu a bolsa Ireland Chair of Poetry e en 2022 gañou o premio inaugural Drumshanbo Written Word Weekend Poetry Film Award polo filme poético Four Attempts at Making a Human, realizado en colaboración con Jonathan Brennan.
Participou en festivais literarios en Colombia, Nicaragua, México, Italia, Irlanda e Estados Unidos e recibiu bolsas de mobilidade de Culture Ireland. É autor do prólogo dunha retradución de El llano en llamas, de Juan Rulfo, e coeditor do volume Rethinking Juan Rulfo’s Creative World: Prose, Photography, Film.
A súa obra foi traducida ao castelán, italiano e grego. O seu segundo poemario, Let the Dead (2023), foi publicado por Banshee Press.
LIGAZÓNS
Traducións ao castelán de 3 dos seus poemas pódense ler en versión de Pura López Colomé en:
https://otrosdialogos.colmex.mx/tres-poemas-de-dylan-brennan
Ligazons
Compartir