- Música
Ciclo Tándem: A PEDREIRA & BEAUTIFY JUNKYARDS
- Data
- 25/10/2026
- Horario
- 20.00h
- Residencia Artística
- Categoría
- Música
- Localidad
- Espacio
- A Coruña
- Dirección
- Avenida de la Marina, 7A, 15001 / 15003 A Coruña
Que Beautify Junkyards é o grupo máis relevante do pop portugués nestes últimos anos é tan evidente como a relevancia de “Nova” ou “Cosmorama”, LPs nos que os lisboetas fixeron de Stereolab e da psicodelia británica o camiño para profundar na alma lusa de GNR e outras propostas que colindan coa pulsión experimental de A Pedreira, nun cruce de camiños no que a parte galega representa a verbalización máis profunda da condición lusófona da nosa música.
A PEDREIRA
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Cantautora e songwriter, Ugía Pedreira ten editado 12 discos con formacións relevantes no panorama musical do país dende 1995.
Foi nesta década cando xurdíu A Pedreira, o seu proxecto máis recente e persoal como artista contracorrente que abre camiños na arte musical e xera cancións que transcenden o seu tempo. Ugía é unha referente da música galega, artista de culto dende os anos 90. A súa forte base asentada na música popular aprendida na casa e os seus múltiples proxectos de poesía, investigación e docencia lévana a ser comparada con Violeta Parra, Atahualpa Yupanki ou Muddy Waters. Como estas artistas, Ugía tamén trazou novos camiños e fusionou con naturalidade a tradición do seu país con todo xénero, como cando foi a primeira en xogar coa electrónica, con outras músicas europeas, africanas, co latino, o jazz, o rock…
BEAUTIFY JUNKYARDS
Beautify Junkyards é unha banda con sede en Lisboa conformada por seis multiinstrumentistas de gran talento liderada por João Branco Kyron, unha figura clave da escena musical underground portuguesa desde hai catro décadas.
Os Beautify Junkyards debutaron hai 14 anos cun álbum homónimo, marcando o punto de partida dun son que evolucionou ao ritmo de influencias pop de vangarda como Stereolab e Broadcast, así como de lendas da talla de Kraftwerk. Sobre esta base, trazaron unha traxectoria que integra elementos culturais portugueses, con figuras como Nuno Rodrigues, creando así unha identidade musical única no panorama actual.
Asiste ao evento
Compartir