Saltar ao contido
>

Ciclo Tándem: MERCEDES PEÓN & CLARA PEYA

Ciclo Tándem: MERCEDES PEÓN & CLARA PEYA

Nesta ocasión tan especial, Mercedes Peón propón unha relación musical cara o acústico, rodeada de outras creadoras, xuntas transitarán por temas cargados dunha enerxía expansiva, atravesando paisaxes sonoras e cinematográficas que percorren a traxectoria de Peón.

A través da composición e da improvisación, a banda de Mercedes Peón irromperá en escena para fundirse coa de Clara Peya, nun encontro no que música e espazo se transforman continuamente. A relación entre Mercedes e Clara ocupará tamén o espazo escénico, avanzando cara a unha progresiva conversión sonora que dará lugar a un ambiente único, íntimo e emotivo.

MERCEDES PEÓN

Mercedes Peón é unha compositora, vocalista e multiinstrumentista galega. Aos 13 anos, descubriu a música tradicional galega a través das pandeireteiras da Costa da Morte e quedou prendada das cancións, bailes e historias das aldeas galegas. Este legado oral e sonoro constitúe a base da súa formación musical. O seu primeiro álbum, “Isué” (2000) é unha obra contemporánea, festiva e explosiva que ela mesma define como “música de autoestima cultural” na que destaca o recoñecemento da tradición popular local. Cos seus álbums posteriores, “Ajrú” (2004), “Sihá” (2007) e “Sós” (2011), consolidou unha linguaxe artística propia, que pon en diálogo a voz, a electrónica e a memoria colectiva. O seu traballo continúa ata hoxe inmerso nunha espiral de estilos confrontados pola singularidade da súa proposta, sempre atlántica, sempre universal.

CLARA PEYA

Clara Peya é unha artista catalana que leva máis dunha década lonxe das normas grazas a unha música comprometida que rompe calquera barreira. O pop, a música de cámara, o jazz e a electrónica son todo na nova forma de crear e compartir música, deixando claro que no diálogo acadamos un verdadeiro crecemento e enriquecemento, tanto a nivel individual como colectivo. Como di o recoñecido xornalista Jordi Bianciotto “Peya, creou unha multitude de melodías musicais baseadas no dominio do piano, que interpreta con poses teatrais heterodoxas”.

Cofundadora xunto coa súa irmá e artista cultural Ariadna Peya da compañía Les Impuxibles, foi recoñecida co Premio Nacional de Cultura 2019 pola súa traxectoria musical e compromiso social.

Asiste ao evento

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.