Saltar ao contido
>

Outono das artes: Anfibia por veces, Antía Muíño

Outono das artes: Anfibia por veces, Antía Muíño

Sinopse
Co seu novo disco Anfibia por veces, Antía Muíño consolídase como unha das voces máis singulares da nova música galega. A súa proposta transita con naturalidade entre a canción de autora, o jazz-pop e a tradición oral, construíndo un universo sonoro delicado e contemporáneo no que conviven a intimidade das composicións propias e a forza expresiva do canto tradicional.  No escenario, Antía acompáñase dunha formación integrada por Miguel Arribas, Ton Risco e Yudit Almeida, catro intérpretes que crean un diálogo musical rico en matices, onde a voz, a percusión, os ventos e o contrabaixo se poñen ao servizo dun repertorio que explora novas formas de entender a música galega desde a creación actual.
Ficha técnica
  • Artista: Antía Muíño
  • Espectáculo: Anfibia por veces
  • Elenco:
    • Antía Muíño (voz, guitarra clásica e pandeireta)
    • Miguel Arribas (ventos)
    • Ton Risco (percusións)
    • Yudit Almeida (contrabaixo)
  • Duración: 70 minutos
  • Público: Xeral
Sesións
  • Vimianzo: Casa da Cultura, 19/09/2026 – 20:30h
  • Ribeira: Auditorio municipal, 14/11/2026 – 20:00h

Asiste ao evento

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.