Saltar ao contido

Xornadas XXIV: “Cultura para todas”

Unha xornada práctica para coñecer e aplicar medidas de accesibilidade nos proxectos e espazos culturais. Abordaranse as principais barreiras e solucións nos ámbitos da accesibilidade cognitiva e física, da man de profesionais con ampla experiencia na materia: Rubén Capelán, Fran Carreira e Aitana García. A sesión rematará cun espazo aberto de consultas para compartir e resolver dificultades concretas das persoas participantes.

LOCALIDADES

  • Martes 22 de setembro (10:00-14:00) · Casa da Cultura · Muros
  • Martes 29 setembro (16:00 a 20:00)  · Casa da Cultura · Fene
  • Mércores 30 setembro (10:00-14:00)  · Casa da Cultura · Ordes
  • Mércores 30 setembro (16:00-20:00) · Casa de Correos · Arzúa

PERSOAS PARTICIPANTES

  • Rubén Capelán: coordinador da xornada, xestor cultural especializado en accesibilidade na cultura.
  • Aitana García: Pedagoga especialista en accesibilidade cognitiva e sensorial.
  • Fran Carreira: Arquitecto experto en accesibilidade física.

 

Ligazóns de interese

Inscrición Muros
Inscrición Fene
Inscrición Ordes
Inscrición Arzúa
Programa

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.