Saltar ao contido

Xornadas XXVI: “Paisaxes Liminais”

Coordinación: María Serrano

Unha xornada que reúne artistas, investigadoras e colectivos para explorar o arquivo como un espazo vivo de creación e transformación. A través de prácticas vinculadas á memoria, o son, o corpo e o territorio, o encontro propón activar relatos e sensibilidades que quedaron fóra das narrativas hexemónicas e abrir novas formas de coñecemento e escoita crítica.

PROGRAMA

  • 12:00–12:20 Apertura da xornada e inauguración da instalación sonora de Ambient Gaza (aberta durante toda a xornada).
  • 12:20–12:45 Xoán Xil · Presentación
  • 12:45–13:25 Carme Nogueira · Charla
  • 13:30–14:10 Luigi Monteanni · Charla / sesión de escoita
  • 14:30–16:00 Pausa para xantar + DJ set de Femke Dekker
  • 16:00–16:30 Carme López · Concerto
  • 16:30–17:00 Luigi Monteanni · Concerto
  • 17:10–17:55 Txema González · Charla
  • 18:00–18:45 Sarah Ardite · Charla / sesión de escoita
  • 18:50–19:50 Ambient Gaza · Charla expandida + intervención en directo desde Gaza (Zoom)
  • 20:00–20:35 Txema González · Concerto
  • 20:45–21:20 Augustė Vickunaitė · Concerto
  • 21:20–22:00 Sarah Ardite · DJ set de peche

PERSOAS E COLECTIVOS PARTICIPANTES

  1. Ambient Gaza: Proxecto de investigación e procesamento sonoro centrado na preservación e difusión da memoria ambiental e o patrimonio sonoro de Palestina.
  2. Femke Dekker: Curadora, docente e investigadora especializada en prácticas editoriais e arquivos sonoros desde unha perspectiva crítica.
  3. Luigi Monteanni: Etnomusicólogo e investigador enfocado no análise de tradicións sonoras híbridas, medios dixitais e rexistros de campo.
  4. Nika Son: Artista sonora e compositora (actuación / concerto en directo).
  5. Sarah Ardite: Investigadora independente focada nas xenealoxías sonoras das marxes e na xestión do son como ferramenta de resistencia cultural.
  6. Txema González: Xestor e investigador especializado na recuperación e conservación de arquivos de música experimental e documentos sonoros efímeros.
  7. Outonía: Colectivo e plataforma dedicada á exploración da memoria oral e da paisaxe sonora no ámbito galego.
  8. Xoan Xil: Artista sonoro e musicólogo con ampla traxectoria no eido da fonografía, a gravación de campo e o deseño acústico.
  9. Chapa: Proxecto musical e artístico (concerto de peche / clausura).

Ligazóns de interese

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.