Saltar ao contido

A faia de Ponthus. Le Roi de la Galice

Ano 2024

Presentado

Colaboran

Proxecto literario e editorial que recupera a historia do rei mítico da Galiza, Ponthus, reinterpretando o roman medieval Ponthus et la belle Sidonie.

A iniciativa inclúe a publicación dunha plaquette literaria de arte e a realización de eventos literario-musicais baixo árbores senlleiras da Galiza. Os textos están a cargo de Alba Cid e Estevo Creus, que ofrecen unha relectura contemporánea do mito, e a artista portuguesa Maria João Worm ilustra a obra.

A plaquette ten un formato acordeón e que se editou en galego nunha tiraxe de 1000 exemplares.

O proxecto busca poñer en valor o peso do Reino da Galiza na literatura medieval europea e a súa conexión co mundo artúrico. Ademais, promove a protección do patrimonio natural, reivindicando a relación entre literatura e biodiversidade.

O acto inaugural celebrouse o sábado 5 de novembro ás 12:00h, presentado polo editor de a Central Folque, Ramon Pinheiro, coa participación dos autores Alba Cid e Estevo Creus, acompañados polo músico Pablo Castaño.

A faia de Ponthus. Le Roi de la Galice é unha iniciativa cultural innovadora que recupera unha historia esquecida do Reino da Galiza e a trae ao presente a través da literatura, a arte e a música. Ao mesmo tempo, reforza a identidade galega, promove o patrimonio natural e ofrece un material de alta calidade para o público xeral e o ámbito educativo

Máis Información

O proxecto nos medios

Compartir

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.