Saltar ao contido

O Fondo de proxectos culturais do Reino de Galicia escolle as quince propostas gañadoras da súa terceira edición

Cultura da Deputación fixo públicas as quince propostas gañadoras do III Fondo de proxectos culturais do Reino de Galicia. A entidade provincial realizará un investimento final de 188.515 euros, repartidos en premios de entre 10.000 e 20.000 euros.

Entre os traballos premiados están unha novela gráfica sobre a historia do viño en Galicia, un proxecto transmedia de visibilización das raíñas galegas, un podcast medieval e unha mantelería de mesa con motivos do Reino.

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou a calidade dos proxectos seleccionados, “moi na liña dalgúns dos obxectivos que ten o fondo, como mudar o relato hexemónico, e avanzar no camiño de normalización da nosa historia”. “Unha historia”, engadiu, “que debe sernos propia, pois o período medieval galego é un dos de máis esplendor e dos máis identitarios que temos como pobo”.

Trátase da terceira edición deste certame que ten como obxectivo combater a desmemoria e o esquecemento sobre o pasado medieval de Galicia a través do apoio a proxectos que contribúan á súa divulgación e posta en valor.

Os proxectos

  • ‘Laudatio funebris no Reino da Galiza Da morte, o pranto e o alén’, de Noente Paradise, que recibirá 20.000 €.
  • ‘As grandes raíñas galegas na historia, de Sermos Galiza (14.515 €).
  • ‘Martiño de Dumio: unha ollada á espiritualidade popular no Reino de Galiza’, de Orgullo Galego (14.000 €).
  • ‘Cómic-novela gráfica sobre a historia do viño en Galiza’, de Santos e Gonta (14.000 €).
  • ‘Iohanes in Eremo’, de Vanesa Trevín Pita (14 000 €).
  • ‘Raíñas de Galicia. Proxecto transmedia de visibilización das protagonistas da nosa historia’, de Ciencia Galega Industrias Creativas (14 000 €).
  • ‘A costa e os castelos’, de Alejandro Gándara Porteiro (14 000 €).
  • ‘Reino de Galicia á escena’, de Alba Bermúdez Iglesias (14 000 €).
  • ‘Rolán, Orlando, Roldan transita polo Reino de Galiza’, de Ignacio Vilariño Sanmartín (10 000 €).
  • ‘Do Reino (e) dos amores proscritos. Un reino esquecido, unha historia por contar’, de José Alberto Rodríguez Bello (10 000 €).
  • ‘A Revolta, un podcast medieval’, de Fernando Rodríguez Gómez (10 000 €).
  • ‘Verdades e mentiras da Gran Revolta Irmandiña’, de CRU Producións (10 000 €).
  • ‘Mantelería individual de mesa para restauración en papel conforme a normativa-Reino da Galiza’, de Alberto Sánchez Regueiro (10 000 €).
  • ‘Personaxes no mapa do Reino,’ de Suseia (10 000 €).
  • ‘Códice feminino’, de María Rúa (10 000 €).

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.