Residencias Artísticas > Residencias Artísticas de Música
Residencias Artísticas de Música 2026
- Ano 2026
As Residencias Artísticas Mariñán apoian proxectos musicais en fase de creación, ofrecendo espazo, aloxamento, acompañamento profesional e recursos para desenvolver propostas propias no Pazo de Mariñán.
Sobre a Residencia Artística
O programa está dirixido a artistas e bandas maiores de 18 anos con residencia en Galicia. Selecciónanse ata 4 proxectos, que desfrutan dunha estadía de 6 días con formación, mentoría e apoio técnico. Inclúe aloxamento con pensión completa e unha dotación de ata 5.000 € para cubrir necesidades da creación, favorecendo a profesionalización e a proxección das propostas.
Ligazons de interese
Compartir