Saltar ao contido

Ugia Pedreira e Quico Cadaval, protagonistas do episodio de Referentes do mes de outubro

A cantora e compositora, Ugia Pedreira, e o dramaturgo e contador, Quico Cadaval, protagonizan o vindeiro episodio de Referentes. Poderá verse a través do perfil de Facebook e da canle de Youtube da área de Cultura da Deputación o venres 28 de outubro a partires das 12h.

Desde os inicios das súas respectivas carreiras -un tema sempre presente nas conversas de Referentes-, ata como viven a situación actual a nivel persoal e profesional, pasando por anécdotas familiares, salientando a influenza feminina, centran a conversa do vindeiro programa.

Ao longo da conversa van abordando como a contorna das súas infancias e xuventude foi influíndo na súa educación social e persoal, a visión do mundo que iso lles aportou; ou como é a súa relación co público dependendo dos diferentes formatos de espectáculo, ou como se preparan a nivel persoal para actuar no eido da música e das artes escénicas.

Ambos contestan, ademais, á pregunta que os ‘referentes’ do anterior episodio –María Reimóndez e Oliver Laxe-, lles deixaron formulada: dunha banda “que conten algunha experiencia que tivesen na colectividade e que experimentasen como algo transformador”, e por outra “que indiquen que lles falta para ser máis coherentes ou estar máis conectados cos seus corazóns”.

Nesta segunda tempada de Referentes, que se estreou o pasado mes de abril, participaron Margarita Ledo en conversa con Xabier Fortes, Melania Freire con Pepe Barro, Pepe Solla con Manuel Gago, María Reimóndez con Oliver Laxe, e Ugia Pedreira con Quico Cadaval. A segunda tempada de Referentes rematará cun último episodio no mes de novembro.

Compartir

Novas destacadas

Máis de 300 voces á escena en Santiago para cantar a Manuel María no concerto ‘As rúas do vento ceibe’

A Deputación recibe 742 obras para os seus premios literarios, a cifra máis alta dos últimos anos

Natividade González reivindica en Mariñán o teatro galego como «creatividade, lingua e cohesión social»

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.